Extraido de la Edición digital de Xornal Galicia de 21 de enero
O Consello da Xunta autorizou hoxe a adquisición dun helicóptero destinado ao Salvamento Marítimo.
A nova aeronave terá a súa base operativa na Costa da Morte, concretamente na localidade de Cee, onde se construirá un heliporto e as instalacións necesarias para albergalo
▪ O orzamento destinado á compra do helicóptero ascende a un total de 13.420.000 euros, que serán distribuídos nas anualidades 2009, 2010 e 2011
▪ O helicóptero deberá ter a máxima velocidade posible e a maior autonomía, a capacidade de transportar polo menos oito pasaxeiros e contar con centros de mantemento en España
O Consello da Xunta autorizou hoxe o expediente de contratación que ten por obxecto a subministración dun helicóptero destinado ao salvamento marítimo e á loita contra a contaminación mariña, que será a terceira aeronave coa que conte o Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. O aparello terá a súa base operativa na Costa da Morte, en concreto na localidade de Cee, onde se construirá un heliporto para albergalo. A contratación realizarase mediante a adxudicación por procedemento aberto e tramitación anticipada e cuxo orzamento de investimento será de 13,4 millóns de euros, distribuído en tres anualidades: 4.026.000 euros en 2009, 1.342.000 en 2010 e, finalmente, 8.052.000 euros en 2011.
O Servizo de Gardacostas dependente da Administración pesqueira galega ten entre as súas funcións as de coordinación das competencias en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación mariña, a elaboración do plan de continxencias por contaminación mariña accidental, a prevención deste tipo de contaminación, así como funcións de programación, planificación e control das accións de vixilancia e inspección pesqueira. Para a realización das tarefas de salvamento e rescate dispón na actualidade, principalmente, de dous helicópteros modelo S-76 C+ SAR Sikorsky, un con base no aeroporto de Vigo, o Pesca 1, e outro con base no heliporto de Celeiro (Viveiro-Lugo), o Pesca 2. Ademais, conta con medios marítimos, persoais e materiais para a execución de todas as accións que ten asignadas.
Segundo establece o expediente autorizado hoxe polo Goberno galego, o novo helicóptero terá un uso polivalente co fin de rendibilizar ao máximo a súa adquisición. Deste xeito, ademais dos labores de salvamento marítimo, fixaránselle misións relacionadas coa busca e o salvamento, vixilancia e inspección pesqueira, control de verteduras no mar, apoio á frota pesqueira e mercante, apoio á frota marítima, traslado de equipos e material no caso de interese xeral, evacuacións médicas e calquera outro apoio aéreo necesario para a seguridade da vida humana.
Prego de cláusulas
O prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación para a subministración da aeronave deberá incluír, entre outras cuestións, que o prazo de execución do contrato sexa de dous anos e a recepción do helicóptero esixirá por parte da Administración un acto formal e positivo de conformidade dentro do mes seguinte de terse producido a realización.
Así mesmo, establece que o prazo de garantía do aparello ten que ser de dous anos, contado a partir do día seguinte ao da data da recepción de conformidade do subministro do obxecto do contrato. Tamén concreta que a entrega do helicóptero deberá realizarse na instalación aeroportuaria galega que se determine no seu momento.
Requirimentos técnicos do novo helicóptero
Segundo os requirimentos técnicos que establece o expediente, a nova aeronave coa que conte a Consellería de Pesca deberá ter a máxima velocidade posible para traballos de salvamento co fin de diminuír o tempo de reacción para aquelas emerxencias nas que o máis importante é chegar ao lugar onde se produce, no menor tempo posible. O helicóptero necesitará tamén o máximo radio de acción e polo tanto a maior autonomía posible.
Así mesmo, entre os requisitos exixidos neste expediente, atópase o de que deberá ser deseñado e fabricado de acordo coas características establecidas polas normas EASA/FAR-29 e JAR-OPS 3, requiridos pola Dirección General de Aviación Civil española.
Ademais, establécese que o helicóptero deberá ser novo e atoparse actualmente en produción, e non poderá ser nin un excedente nin preserie. Tamén serán novos e actualmente en fabricación os equipos de aviónica, misión e calquera outro que se instale no aparello, co fin de que se garanta unha longa vida operacional deles.
Por outra banda, a aeronave deberá ter capacidade para transportar, como mínimo unha tripulación de catro persoas e máis de oito pasaxeiros. Deberá estar dotada con material de salvamento como balsas para a tripulación, chalecos salvavidas, bengalas, balsas adicionais para botar ao mar no caso de rescate de náufragos e independentes das dedicadas para a tripulación.
Entre outras especificidades, o expediente fixa tamén que o aparello ten que contar cun sistema de protección meteorolóxica e de protección contra o lume, e contará con completos sistemas de iluminación, navegación e comunicacións.
Equipos de misión obrigatorios
Entre o equipamento obrigatorio de que deberá dispor o novo helicóptero destacan o guindastre de rescate eléctrico dotado de embrague, sen limitación de ciclos de izado, e as proteccións necesarias que impidan danos ao cable do guindastre e á fuselaxe durante as operacións. Tamén terá que dispoñer dun sistema FLIR de busca e detección por infravermellos e televisión de nivel de luz de baixa intensidade con posibilidade de gravar a imaxe; cun faro de busca de 15 millóns de candelas; dúas ventás tipo burbulla, situadas a cada lado do helicóptero; puntos de alimentación eléctrica en cabina; equipo de megafonía externa; e dúas balsas salvavidas, entre outros.
Mantemento en España
Segundo establece o expediente respecto do mantemento do novo helicóptero e co fin de minimizar os tempos de paradas para revisións e reparación de avarías que se poidan producir, o modelo que se seleccione deberá dispor en España de Centros de Mantemento certificados pola Dirección General de Aviación Civil española.
De agencia EFE 21/01/09
Santiago de Compostela.- El Consello de la Xunta ha autorizado hoy la tramitación de la compra de un tercer helicóptero para el servicio de guardacostas, que tendrá su base en Cee, en la Costa da Morte, y que se prevé estará operativo en 2011.
De esta manera, la Comunidad contará con tres aeronaves: la nueva, para la que se construirá un helipuerto en Cee; la que tiene su base en el sur de Galicia, en Vigo, y la de Celeiro, en la Mariña lucense.
El presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, explicó tras la reunión del Consello que el Gobierno autorizó hoy el expediente de contratación para el suministro del helicóptero, con lo que comienzan los trámites para su adquisición, a lo que se destina un presupuesto de 13,4 millones de euros que se distribuirán en tres anualidades.
El helicóptero debe ser entregado el año 2011, en que ha de estar "plenamente operativo". La opción de compra especifica que la aeronave tendrá la "máxima velocidad y autonomía posible", capacidad para transportar al menos a ocho pasajeros y también ha de contar con empresas de mantenimiento en España.
Además, el expediente establece que el nuevo helicóptero tendrá un uso polivalente, para rentabilizar al máximo su adquisición, con lo que se busca que, además de las tareas de salvamento marítimo, pueda acometer misiones de búsqueda, vigilancia e inspección pesquera, control de vertidos al mar, apoyo a la flota pesquera y mercante, traslados de equipos o, evacuaciones médicas, entre otras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario