A continuación insertamos el comunicado que nos envía y el Cartel de los actos previstos. Animamos a cuantos lo deseen que se sumen a ésta inciativa tan loable.
"A traxedia esquecida
O día 3 de xullo de 1964, o petroleiro español da compañía cántabra Naviera Castilla “Bonifaz” afundía a poucas millas do cabo Fisterra logo de ser abordado no medio dunha mesta néboa polo tamén petroleiro francés “Fabiola” deixando a cifra de 25 vidas perdidas entre mortos e desaparecidos, catro deles veciños da vila de Muros.
Logo do rebumbio inicial por tan grande traxedia que deixou un grande número de viúvas e orfos principalmente na comunidade cántabra , foise apagando pouco a pouco a memoria da traxedia hasta case chegar o esquecemento. Tan so na memoria dos familiares continuou presente o dor e a lembranza dos seres queridos.
Foi tan grande e grave o abandono pola parte das autoridades da época , e tan grande a desinformacion , que incluso os familiares non coñecían o lugar exacto onde descansan os restos do Bonifaz que serven de munomento funerario dos seus. Tan so tiñan unha vaga idea de que foi nos arredores de Fisterra.
Eu, que son patrón de pesca do arrastre dende fai mais de 25 anos sempre coñecín (do mesmo modo que os meus compañeiros) a súa situación exacta . É obrigado saber a situación de tódolos pecios para non prender as nosas redes neles.
Sempre sentín curiosidade por saber as historias que agochan os naufraxios da nosa costa, e dende a miña bitácora http://www.lacoctelera.com/homesdepedraenbarcosdepau
vou escribindo o que sei deles pouco a pouco , e un día chegoulle a quenda o Bonifaz.
Pronto houbo comentarios na bitácora de parentes das vítimas do , entre eles chamoume a atención o feito por Piedad Pereda Muñoz , que xunto cas súas catro irmás quedou orfa de pai e nai aquel fatídico día de 1964.
Dábame as grazas Piedad por manter viva a lembranza do naufraxio e interesábase por saber a situación exacta dos seus restos, pois como ela dicía “llevamos muchos años arrojando flores al mar sin saber el lugar donde descansan los nuestros y ahora tenemos la oportunidad de hacerlo en el lugar exacto” .
Entón foi forxando a iniciativa de facer aquí en Muros un homenaxe as vítimas , eu tomei a idea como miña propia e propúxenme levalo a cabo. Ca axuda da “asociación muradá SORUM para a promoción da vila de Muros “, sen o cal seríame imposible argallar o evento , organizamos para o día 12 de xullo , e dentro das xornadas culturais de MUROS MIRA O MAR , a celebrar na nosa vila os días 11, 12 e 13 un homenaxe as VÍTIMAS DO BONIFAZ.
Unha misa funeral, un acto civil, e unha ofrenda floral, xuntaran na nosa vila a meirande parte dos familiares dos mortos e desaparecidos e tamén varios dos sobreviventes da traxedia; Entre eles o capitán José Amézaga Bilbao e o terceiro oficial José Manuel Azofra Negrón , ámbolos dous facían garda na pote no momento de colidir .
Poño todos estes feitos no teu coñecemento para que saibas o que imos facer este próximo fin de semana en Muros."
Manuel Martínez Caamaño HOMESDEPEDRA@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario