Nota de Prensa (18/02/09):
Pesca instala un novidoso sistema de salvamento no buque de Gardacostas de Galicia "Serra do Caurel" | ||
▪ O dispositivo, patentado pola empresa Kafloat, permite evitar ou retrasar o afundimento dun barco en caso de vuelco, escora ou vía de auga, a través dun sistema de flotadores ▪ Ademais desta medida, a Consellería traballa noutro proxecto de investigación sobre un dispositivo persoal de seguridade e de localización para casos de caídas ao mar |
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2009.- A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos vén de instalar nun dos barcos do Servizo de Gardacostas de Galicia, o “Serra do Caurel”, un sistema autónomo de salvamento no mar denominado Sistema Kafloat. Trátase do primeiro barco do mundo que navegará protexido con este sistema que, a través de flotadores, axuda a evitar ou retrasar o afundimento da embarcación en caso de vuelco, escora ou vía de auga. Isto permitirá facilitar o rescate dos seus tripulantes e minimizar o risco de morte no mar.
A instalación do sistema efectuouse no estaleiro Triñanes Domínguez en Boiro, e o traballo consistiu, inicialmente, na realización de seis buratos no casco (tres en cada costado) para a fixación dos módulos de flotación. A continuación, procedeuse á colocación das botellas de inflado necesarias, continuouse coa dotación e instalación dos sensores precisos para a detección de entrada de auga nos compartimentos protexidos e, por último, a colocación da unidade de control na ponte de goberno, na que se ubican as alarmas visuais e acústicas que avisan do perigo, así como os pulsadores de activación de cada un dos flotadores.
Os técnicos da Consellería de Pesca constataron que o traballo para a instalación do sistema nos buques pode levarse a cabo na maioría dos astaleiros galegos co asesoramento dos técnicos de Kafloat. Ademais, a colocación deste dispositivo é sinxela e rápida, podéndose aproveitar as varadas regulamentarias ou as obras de mantemento a realizar nunha embarcación para levar a cabo a colocación deste novo sistema.
Cos instalación do sistema Kafloat no barco de Gardacostas tamén quedou evidenciado que o espazo que ocupan os módulos deste sistema (detección, activación, inflado e flotación) é moi escaso e, ademais, o casco do barco pola súa parte exterior non se vé afectado nas súas formas orixinais. Deste xeito, non perxudica nin a velocidade media nin o rozamento do buque.
O barco “Serra do Caurel” do Servizo de Gardacostas da Consellería de Pesca, é a primeira embarcación, despois do prototitpo do Instituto Canario de Ciencias Marinas no que se realizaron as probas de mar, que leva instalado este sistema. As obras de modificación realizadas no barco de Pesca foron supervisadas e aprobadas pola Inspección da Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa.
O Sistema Kafloat, que xurdiu dun proxecto de I+D+i e no que a empresa traballou ao longo de sete anos, está certificado por Bureau Veritas, aprobado pola Dirección General de la Marina Mercante e avalado por varias aseguradoras.
Pesca traballa na mellora da seguridade dos traballadores do mar
O proxecto piloto para a instalación do sistema Kafloat inclúese dentro das medidas impulsadas polo departamento que dirixe Carmen Gallego para mellorar as condicións de seguridade dos traballadores do mar. Nesta liña, atópase tamén o proxecto de investigación dun dispositivo que permita mellorar a seguridade e localización dos mariñeiros en caso de caída á auga.
Na mesma dirección se dirixen as actuacións de mellora dos medios cos que conta o Servizo de Gardacostas de Galicia en relación ao salvamento marítimo. Así, é de destacar que o helicóptero Pesca 1, con base en Vigo, disporá dunha tripulación 24 horas e, ademais, xa se iniciaron os trámites para a adquisición dun terceiro helicóptero que terá a súa base operativa na Costa da Morte, en concreto na localidade de Cee.
Nota: La embarcación del Servizo de Gardacostas de Galicia "Serra do Caurel" (IP-121) tiene su Base habitual en Pontevedra
1 comentario:
Que le voy a decir charlie, muy buen blog, tanto que a veces me doy un garbeo por aqui, pero, ya que lo cuelga en gallego (que me parece fantastico, respetable y recomendable), no creo que cueste mucho colgar la noticia o similar en castellano.
Que vale se entiende perfectamente, pero vamos, que algunos solo hablamos castellano por desgracia.
Publicar un comentario