La Consellería del Mar ha hecho público sus planes para la reestructuración del Servicio de los Helicópteros de Salvamento de la Xunta de Galicia Adscritos al Guardacostas de Galicia.
Las bases del Pesca 1 en Vigo (Pontevedra) y del Pesca 2 en Viveiro (Lugo) pasarán de un sistema de Guardia Localizada a Guardia Presencial con presencia permanente de las Tripulaciones de Servicio mediante turnos y tiempo de respuesta de 10 minutos desde que se produce la alerta el deberá estar Helicóptero en el Aire. Asimismo anuncia un incremento de las 600 horas de vuelo anuales actuales de los Helicópteros a 1800 para garantizar un perfecto entrenamiento y operatividad de todos y cada uno de sus Tripulantes; Piloto, Copiloto, Operador de Grúa y Rescatador. Asimismo ha confirmado la paralización de los Planes anteriores para la compra de un nuevo tercer Helicóptero para basarlo en Cee al decidirse por esta restructuración actual y optimización de los medios actualmente disponibles.
Insertamos la Nota de Prensa de la Consellería del Mar de 2 de junio de 2009
As tripulacións de Vigo e Celeiro terán unha capacidade de resposta inmediata, 10 minutos, as 24 horas do día os 365 días do ano
O bipartito mermou a calidade do servizo e as tripulacións nin sequera voaron as 600 horas anuais contratadas
A compra do terceiro helicóptero non aumentaría a eficacia do servizo de salvamento porque Celeiro e Cee só contarían con presenza das tripulacións 6 horas ao día
Santiago, 2 de xuño de 2009.- A Xunta ampliará as tripulacións das bases do Pesca I, en Vigo e do pesca II, en Celeiro e triplicará o número de horas de voo para prestar un servizo de salvamento máis eficiente e seguro, que permita unha capacidade de resposta inmediata as 24 horas do día os 365 días do ano.
Para mellorar a eficacia e a calidade do servizo contarase con 18 pilotos entre as dúas bases, e con 1.800 horas de voo anuais, de maneira que as tripulacións se atopen perfectamente adestradas e respondan inmediatamente perante calquera emerxencia, nun tempo inferior aos dez minutos.
Hoxe as bases de Vigo e Celeiro contan con dúas tripulacións cada unha, integrada por dous pilotos, un operador de grúa e un rescatador. Están nas mesmas condicións que no 2005 e durante 20 horas ao día as tripulacións están localizables, pero o tempo de resposta elévase ata os 30 minutos.
As tripulacións só están presentes nas base do Pesca I desde as 9.30 ata as 14.00 horas; e en Celeiro, na base do Pesca II o horario presencial é de 10.00 a 14.30 horas. O resto do día as tripulacións están localizables e polo tanto a capacidade de resposta se eleva a media hora a maior parte da xornada.
Co plantexamento da Xunta a capacidade de resposta será inmediata, tanto dende Vigo como dende Celeiro, as 24 horas do día, e pasarase de 30 a 10 minutos, xa que as tripulacións estarán fisicamente nas bases.
Para lograr esa capacidade de reacción a Xunta elevará o número de pilotos a 18, o de rescatadores a 9 e o de operadores de grúa a outros 9.O número de horas de voo pasará a 1.800 ao ano, o triple das 600 horas contratadas nos últimos anos, e que nin sequera chegaron a voar as tripulacións de Vigo e Celeiro, por falta de xestión. Esta situación provocou que tampouco se realizasen adestramentos frecuentes e simulacros de situacións extremas, para estar mellor preparados.
A si, no 2006 das 600 horas de voo contratadas só realizáronse 508; no 2007, 506 e no 2008, 593. Ademais, estas 600 horas anuais, que supoñerían 125 horas de voo por cada un dos catro pilotos actuais, atópase moi por debaixo dos standares recomendables.
As propostas do bipartito elevaban as horas de voo a 700 e incorporaban unha nova base, de xeito que cos 13 pilotos previstos, a proporción quedaría en 107 horas por piloto ao ano, moi por debaixo das recomendacións, que sitúan en 200 horas.
Para contar cun servizo eficiente é necesario que as tripulacións estean perfectamente adestradas, para o que é necesario un determinado número de horas de voo por piloto e ano, e que se atopen permanentemente na base, para ter capacidade de resposta inmediata.
Polo tanto, a adquisición dun terceiro helicóptero non supoñería aumentar a eficacia do servizo, xa que a maior parte do día as tripulacións non estarían na base, co que o tempo de resposta para acudir á Costa da Morte é similar desde o Aeroporto da A Coruña para o Helimer, ou desde Vigo, para o Pesca I, uns 30 minutos, o que durante 18 horas ao día levaríalle á tripulación da nova base.
No hay comentarios:
Publicar un comentario